Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  

Aulas

Aulas de Docencia.

A Facultade dispón dun total de 22 aulas de docencia:

Andar baixo: aulas 0.3, 0.4 (aula Guitián), 0.5 (aula Bóveda) e 0.6 (aula Barreiros).

Primeiro andar: aulas 1.1, 1.2, 1.3, 1.4, 1.5, 1.6 e 1.7

                      aulas POP (1º andar): POP-1, POP-2, POP-3 e POP-4

Segundo andar: aulas 2.1, 2.2, 2.3, 2.4, 2.5, 2.6 e 2.7

Aulas de Estudo:

Unha aula de estudos no segundo andar (fronte as aulas 2.1 á 2.7).

No vestíbulo de entrada (xunto o acceso á cafetaría).

Aulas de Exame:

O Centro non dispón de aulas de exame, polo que os exames realizaranse, de xeito principal, nas aulas de docencia ou ben no Salón de Actos (aula Magna) sito no andar baixo.

Aulas de informática e aulas Net.

Existen dúas aulas-net no andar baixo, ao carón da Conserxaría, que son as aulas 1 e 3, e tres aulas de informática xunto ás anteriores que son as aulas 2, 4 e 5. Asemade hai dúas aulas de informática no corredor de aulas do andar baixo (aulas 0.1 e 0.2) onde se imparte docencia de diversas materias das titulacións do Centro. O uso destas aulas é compartido cos estudantes da Escola de Empresariais.

Horario: das 9.00 ás 21:00 horas.

Un carro con 20 equipos portátiles pode ser usado na docencia práctica.

Persoal. 4 bolseiros, xunto con 2 persoas contratadas a través do programa LABORA, son os encargados do control das aulas.

Usos: Internet, navegar pola rede e correo electrónico. Os ordenadores dispoñen de sistema operativo Microsoft Windows e diversos programas, entre eles as suites ofimáticas Microsot Office e OpenOffice, Adobe Reader e Winzip. Tamén teñen programas específicos usados en diversas materias da titulacións (programas de contabilidade, matemáticas, estatística e econometría).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes