Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Licenciado en Administración e Dirección de Empresas
 Competencias do título


Tipo A Código Competencias do título Específicas
  A1 Xestionar e administrar unha empresa ou organización de pequeno tamaño, entendendo a súa situación competitiva e institucional e identificando as súas fortalezas e debilidades.
  A2 Integrarse en calquera área funcional dunha empresa ou organización mediana ou grande e desempeñar con soltura calquera labor de xestión en ela encomendada.
  A3 Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsíbel evolución dunha empresa.
  A4 Emitir informes de asesoramento sobre situacións concretas de empresas e mercados.
  A5 Redactar proxectos de xestión global ou de áreas funcionais da empresa.
  A6 Identificar as fontes de información económica principais e o seu contido, derivando dos datos a información relevante.
  A7 Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou empíricas acerca de como funciona a economía.
  A8 Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados na utilización de instrumentos técnicos.
Tipo B Código Competencias do título Básicas / Xerais
  B1 Estimular a capacidade de aprendizaxe.
  B2 Fortalecer a capacidade crítica e autocrítica.
  B3 Ler e comunicarse no eido profesional en máis dun idioma.
  B4 Utilizar, de xeito habitual, a tecnoloxía da información e as comunicacións en todo o seu desenvolvemento profesional.
  B5 Comunicarse con fluidez no seu entorno e traballar en equipo.
  B6 Apreciar a diversidade e o coñecemento e a relación con outras culturas.
Tipo C Código Competencias do título Transversais / Nucleares
  C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes