Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Banca e Finanzas
 Asignaturas
  Técnicas estatístico-econométricas aplicadas
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Técnicas estatístico-econométricas aplicadas Código 611448003
Titulación
Mestrado Universitario en Banca e Finanzas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 5
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Economía
Empresa
Coordinación
Martinez Filgueira, Xose Manuel
Correo electrónico
xose.martinez@udc.es
Profesorado
Martinez Filgueira, Xose Manuel
Correo electrónico
xose.martinez@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta materia é dobre. Por unha banda, trátase de que os alumnos coñezan as técnicas e procedementos estatísticos e econométricos especialmente adecuados para resolver problemas reais que se expoñen no ámbito da banca e as finanzas. En segundo lugar, que comprendan as propiedades estatísticas destas técnicas e procedementos para saber cando e como poden aplicalos..
Plan de continxencia Nesta materia é importante o traballo na aula de informática, polo que será necesario recorrer con frecuencia a clases online, dado a dificultade de realizar estás prácticas nas aulas da facultade. 1. Modificacions nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas, pero adaptando as que sexa necesario á docencia online, segundo se indica no seguinte parágrafo. *Metodoloxías docentes que se modifican A sesión maxistral adaptarase á docencia non presencial, sustituindo as clases na aula por clases online impartidas mediante Teams,e gravadas para o seu acceso asíncrono. 3. Mecanismos de atención persoalizada ao alumnado Para a atención persoalizada empregaranse Microsoft Teams (1 ou 2 veces por semana, en función das asignacións no calendario docente), Moodle e o correo electrónico (de forma asíncrona). 4. Modificacions na avaliación Mantéñense as mesmas que aparecen na guia docente, pero realizarase a súa adaptación á avaliación online. *Observacions de avaliación: Na segunda oportunidade manteranse os mesmos criterios que se empregan para a 1ª oportunidade. 5. Modificacions da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo dixitalizados, xa sexa en Moodle ou na web da materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes