Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Banca e Finanzas
 Asignaturas
  Análise e xestión de riscos
   Competencias do título
Código Competencias do título
A19 Saber percibir as fontes de risco financeiro
A20 Explotar datos financeiros e de mercado na análise e a avaliación de riscos
B2 Planificación para a resolución de problemas.
B3 Uso adecuado dos medios e sistemas de información dispoñibles.
B4 Habilidades informáticas.
B5 Habilidades de presentación oral e escrita.
B6 Pensamento crítico e avaliación das accións propias e alleas.
B7 Habilidade para traballar de forma autónoma e tomar decisións.
B8 Capacidade de organizar e planificar, saber administrar o tempo.
B9 Capacidade para traballar baixo presión.
B10 Habilidades interpersonais, saber relacionarse con outros.
B11 Curiosidade, habilidades de búsqueda e xestión da información.
B12 Preocupación pola calidade, por facer as cousas ben.
B13 Capacidade para adaptarse a novas situacións, flexibilidade.
B14 Análise e toma de decisións en materia de riscos financeiros e de investimento
B15 Explotación da información dispoñible para a planificación e a toma de decisións
B16 Utilización de técnicas estatísticas e econométricas para a resolución de problemas específicos no ámbito das finanzas e a banca
B17 Comprensión do concepto de valor temporal do diñeiro e aprendizaxe dos instrumentos de matemáticas financeiras que o utilizan para resolver distintos problemas no ámbito das finanzas
B18 Adquisición da capacidade necesaria para analizar a situación financeira da empresa nun momento determinado, establecemento das correccións adecuadas e planificación do seu futuro
B19 Elaboración de diagnósticos sobre a contorna económica e financeira, para fundamentar a toma de decisións financeiras
B20 Estudo da solvencia das empresas e das entidades financeiras
B21 Coñecemento da normativa contable relevante para entidades e instrumentos financeiros
B22 Coñecemento das funcións e compoñentes dos sistemas de información empresariais
B23 Coñecemento dos principais aspectos que abarca a actividade bancaria
B24 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a menudo nun contexto de investigación
B25 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B26 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B27 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B28 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes