Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Banca e Finanzas
 Asignaturas
  Instrumentos financeiros derivados
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A26 A27 B2 B3 B6 B7 B13 B14 B16 B17 B18 B23 B24 B25 B26 B27 B28 Exame da materia que supón o 50% da cualificación final. Celebrarase nas datas oficiais. En ningún caso será posible obter con este exame a parte de cualificación correspondente ás probas que se realizarán durante o periodo de clases. 50
Proba mixta A26 A27 B17 B16 B14 B13 B7 B6 B3 B2 B18 B23 B24 B25 B26 B27 B28 Durante o periodo de clases realizaranse varias probas de diverso tipo que non terán carácter liberatorio e que suporán en conxunto o 50% da cualificación final. Cada proba non realizada puntúa como cero. 50
 
Observacións avaliación

A cualificación de NON PRESENTADO outorgarase ao alumno cuxa participación en actividades de avaliación teña unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada, segundo normativa vixente da Facultade.


Segundo normativa da Universidade, o acceso á realización dunha proba de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non autorizados expresamente polo profesorado responsable, será causa suficiente de expulsión da proba. Asimesmo, en caso de realización fraudulenta dunha proba de avaliación procederase á expulsión inmediata do estudante da proba. A expulsión dunha proba de avaliación implicará a calificación de suspenso (nota numérica 0) na convocatoria da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes