Teaching GuideTerm
Faculty of Economics and Business
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Banca e Finanzas
 Subjects
  Instrumentos financeiros derivados
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Mixed objective/subjective test A26 A27 B2 B3 B6 B7 B13 B14 B16 B17 B18 B23 B24 B25 B26 B27 B28 Exame da materia que supón o 50% da cualificación final. Celebrarase en primeira e segunda oportunidade. En ningún caso será posible obter con este exame a parte de cualificación correspondente ás probas que se realizarán durante o periodo de clases. 50
Mixed objective/subjective test A26 A27 B2 B3 B6 B7 B13 B14 B16 B17 B18 B23 B24 B25 B26 B27 B28 Durante o periodo de clases realizaranse dúas probas de diverso tipo que non terán carácter liberatorio e que suporán en conxunto o 50% da cualificación final. Cada proba non realizada puntúa como cero. 50
 
Assessment comments

O alumnado debe acreditar a súa personalidade, dacordo á normativa vixente, en todas as actividades de avaliación.

Os criterios de avaliación son os mesmos para a primeira e para a segunda oportunidade. Na oportunidade adiantada, e só neste caso, haberá unha proba mixta para avaliar todas as competencias e contidos da materia. Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas (que terán o mesmo formato que para os alumnos con dedicación a tempo completo) acordarase un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, polo que este alumnado deberá poñerse en contacto co profesor nos primeiros dez días do cuatrimestre no que se imparte a materia.

A cualificación de NON PRESENTADO outorgarase ao alumnado cuxa participación en actividades de avaliación teña unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada, segundo normativa vixente da Facultade. Segundo normativa da Universidade, o acceso á realización dunha proba de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non autorizados expresamente polo profesorado responsable, será causa suficiente de expulsión da proba. Asimesmo, en caso de realización fraudulenta dunha proba de avaliación procederase á expulsión inmediata do estudante da proba. A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica 0) na convocatoria da materia.




Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes