Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Banca e Finanzas
 Asignaturas
  Instrumentos financeiros derivados
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A27 B2 B6 B7 B13 B14 B16 B17 B18 B25 B26 B27 B28 Durante o período de clases realizaranse varias actividades, individuais ou en grupo. Poden implicar o uso das TIC e, de requirirse entregables, o seu envío será en formato dixital. Valorarase a participación activa e o aproveitamento, e suporán en conxunto o 30% da cualificación final. 30
Proba de resposta múltiple A26 A27 B2 B3 B6 B7 B13 B14 B16 B17 B18 B23 B24 B25 B26 B27 B28 Durante o período de clases realizaranse varias probas. Non terán carácter liberatorio e suporán en conxunto o 30% da cualificación final. 30
Proba mixta A26 A27 B2 B3 B6 B7 B13 B14 B16 B17 B18 B23 B24 B25 B26 B27 B28 Exame da materia que supón o 40% da cualificación final. Celebrarase en primeira e segunda oportunidade. 40
 
Observacións avaliación

O alumnado debe acreditar a súa personalidade, dacordo á normativa vixente.

Os criterios de avaliación aplícanse a todo o alumnado (incluído o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia), e son os mesmos para a primeira e para a segunda oportunidade. Para a segunda oportunidade, poderán propoñerse actividades alternativas que permitan recuperar parte da cualificación correspondente á avaliación continua. Na oportunidade adiantada, e só neste caso, haberá unha proba mixta para avaliar todos os contidos e competencias da materia, e coa que se poderá obter o 100% da cualificación. 

A cualificación de "non presentado" outorgarase ao alumnado cuxa participación en actividades de avaliación teña unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada. 

No referente á comisión de fraude e responsabilidades disciplinarias, aplicarase o disposto no artigo 14 das "Normas de avaliación,
revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario" da UDC.




Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes