Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Banca e Finanzas
 Asignaturas
  Instrumentos financeiros derivados
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A27 B2 B6 B7 B13 B14 B16 B17 B18 B25 B26 B27 B28 Durante o período de clases realizaranse actividades, individuais ou en grupo, que poden implicar o uso das TIC. 20
Proba obxectiva A26 A27 B2 B3 B6 B7 B13 B14 B16 B17 B18 B23 B24 B25 B26 B27 B28 Durante o período de clases realizaranse probas que non terán carácter liberatorio. 20
Proba mixta A26 A27 B2 B3 B6 B7 B13 B14 B16 B17 B18 B23 B24 B25 B26 B27 B28 Exame da materia. Celebrarase en primeira e segunda oportunidade. 60
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

1. Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.

2. Identificación do alumnado: O alumnado deberá acreditar a súa personalidade segundo a normativa vixente.

B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumnado cando só participe en actividades de avaliación que teñen unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

2. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Serán avaliados cos mesmos criterios que o alumnado a tempo completo.

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

1. Primeira oportunidade: Aplicaranse os criterios de avaliación indicados anteriormente nesta sección.

2. Segunda oportunidade: Os criterios de avaliación son os mesmos que na primeira oportunidade.

3. Convocatoria adiantada: Avaliarase cunha proba mixta que suporá o 100% da cualificación final.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes