Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Banca e Finanzas
 Asignaturas
  Macroeconomía en economías abertas
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados O profesor propón a realización dun traballo sobre algún aspecto relevante da temática da materia. Poderá realizarse o traballo bien sexa de maneira individual ou ben sexa en grupos reducidos. O profesor fará un seguimento continuo do desenvolvemento do traballo. Os traballos serán expostos na aula polo autor/autores.
Recomendacións:
1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático
1.2. Realizarase a través de Moodle ou Team (Office 365), en formato dixital sen necesidade de imprimilos
Proba de resposta múltiple Durante o curso realizaranse breves probas a resposta múltiple para comprobar o nivel de aprendizaxe de forma continua. As preguntas estarán orientadas á preparación do exame para a obtención das certificacións EFPA.

Así mesmo, o exame final da materia consistirá noutra proba de resposta múltiple, co mesmo tipo de preguntas.
Sesión maxistral Sesións maxistrais con discusión en clase sobre os temas tratados.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes