Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Banca e Finanzas
 Asignaturas
  Sistema financeiro
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 B2 B3 B7 B13 B14 B15 B18 B19 B24 B25 B26 B27 B28 Exame escrito, con preguntas tanto teóricas como prácticas. As súas características concretaranse a inicios do curso. 70
Proba de resposta múltiple A1 B2 B3 B7 B14 B15 Probas tipo test que se levarán a cabo en clase ao longo do curso. As súas características concretaranse o día da presentación. 30
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE
AVALIACIÓN:

  1. Condicións de avaliación (estudo de casos e proba mixta): Está
    prohibido acceder á aula con calquera dispositivo que permita a comunicación co
    exterior e/ou o almacenamento de información. A realización fraudulenta
    das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará
    directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa:
    corresponderá unha cualificación de "suspenso" (nota numérica 0) na
    convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se
    produce na primeira oportunidade coma na segunda. Para isto, procederase a
    modificar a cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
  1. Identificación do estudante: O estudiante ha de acreditar a súa identidade
    de acordo ca normativa vixente.

B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

  1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe de
    actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre
    a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada. 
    Estudantes con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa
    académica de exención de asistencia
    : Excepto para as datas aprobadas
    na Xunta de Facultade para a proba mixta final, para las restantes probas
    acordarase, no seu caso, ó inicio do curso un calendario específico de
    datas compatible ca súa adicación.

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

  1. Primeira opotunidade: Aplicaranse os criterios de avaliación
    anteriormente indicados nesta sección.
  2. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: Os
    criterios de avaliación son os mesmos que para a primeira oportunidade. É
    dicir, os criterios de avaliación son idénticos para tódalas oportunidades
    de avaliación. 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes