Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Banca e Finanzas
 Asignaturas
  Contabilidade de entidades e instrumentos financeiros
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A28 B2 B3 B5 B8 B11 B15 B17 B18 B24 B25 B26 B27 C1 C2 C3 Casos prácticos a resolver individualmente. 20
Presentación oral A28 B3 B5 B8 C1 C2 Presentación oral de un trabajo de profundización sobre alguno de los temas del programa. La presentación oral se evaluará individualmente. 10
Proba obxectiva A28 B2 B3 B5 B8 C1 C2 Examen escrito con preguntas teóricas y prácticas 50
Sesión maxistral A28 B2 B3 B11 B21 B23 C4 C5 C6 C7 C8 Se puntuará la asistencia y participación en clase. 10
Traballos tutelados A28 B2 B3 B5 B8 B11 B28 C1 C2 C3 Elaboración de un trabajo en grupo de profundización sobre alguno de los temas del programa. 10
 
Observacións avaliación

Os cuestionarios de exame redactaranse inicialmente en castelán. Os alumnos que desexen un enunciado en galego deberán solicitalo cunha antelación de 15 días. 

Condicións de realización da proba obxectiva: Está prohibido accede á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior; ou almacenamento de información. As faltas de disciplina implicarán que o alumno deberá realizar oralmente a proba obxectiva. 

Os casos prácticos deberán ser entregados ao longo do curso, dentro dos prazos marcados polo profesor.

A cualificación das sesións maxistrais (10% da cualificación) e solución de problemas (20% da cualificación) esixirá unha asistencia mínima a clase do 70%. 

No caso de que ao alumnado se lle conceda unha oportunidade de "avaliación adiantada", e soamente neste caso, para aprobar a asignatura, o alumno deberá superar unha proba mixta oral e/ou escrita encamiñada a avaliar todas as competencias e contidos propios da materia que suporá o 100% da nota final. 

A avaliación na convocatoria de xullo réxese as mesmas normas, salvo no que vaia en contra da normativa xeral da UDC.  

Calificación de non presentado. Corresponde ao alumnado cando únicamente participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación non superior ao 20% sobre a calificación final, con independencia da calificación obtida.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:
Agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá poñerse en contacto co profesor da materia nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte, coa finalidade de fixar o devandito calendario. As probas terán o mesmo formato que para os alumnos con dedicación a tempo completo.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: corresponderá unha cualificación de "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade coma na segunda. Para isto, procederase a modificar a cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes