Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Banca e Finanzas
 Asignaturas
  Sistemas de información
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A11 B2 B5 B12 B22 B24 B25 B26 B27 Trátase dunha única proba para cada unha das oportunidades de avaliación da convocatoria.-

É unha exame seguindo os criterios expostos nas metodoloxías.
50
Solución de problemas A10 B2 B5 B8 B10 B12 B13 B25 B26 B27 B28 C4 A solución dos problemas expostos polo profesor para a súa solución por parte dos alumnos serán obxecto dunha avaliación continua nos termos fixados para cada un deles no momento da súa formulación.
50
 
Observacións avaliación

Os criterios de cualificación son os mesmos para cada unha das oportunidades de avaliación. Isto quere dicir:

1) en ambas as probas de avaliación teranse en conta as cualificacións obtidas na metodoloxía "Solución de problemas";

2) o exame correspondente á proba mixta, en ambas as oportunidades de avaliación, cualifícase sobre 5 puntos (o 50% da avaliación final).

Os estudantes en réxime de estudo a tempo parcial, en función da súa problemática particular e das posibilidades do profesorado, terán as mesmas oportunidades que o resto dos alumnos para realizar a avaliación continua da materia.

A cualificación final da oportunidade adiantada realizarase mediante unha proba mixta específica, que comprenda todos os contidos e competencias da materia.

A cualificación de non presentado aplicarase ao  alumnado que soamente participa en actividades de avaliación que presentan un peso inferior ao 20% na calificación final, independentemente da puntuación obtida. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes