Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Banca e Finanzas
 Asignaturas
  Sistemas de información
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A10 B2 B5 B8 B10 B12 B13 B25 B26 B27 B28 A solución dos problemas expostos polo profesor para a súa solución por parte dos alumnos serán obxecto dunha avaliación continua nos termos fixados para cada un deles no momento da súa formulación.
50
Proba mixta A11 B2 B5 B12 B22 B24 B25 B26 B27 Trátase dunha única proba para cada unha das oportunidades de avaliación da convocatoria.-

É unha exame seguindo os criterios expostos nas metodoloxías.
50
 
Observacións avaliación

A)   NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

1.    Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

2.    Identificación do estudante: O estudante ha de acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

B)   TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

 1.    Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

 2.    Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial serán avaliados cos mesmos criterios que os alumnos a tempo completo.

C)   OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

1.    Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección.

2.    Segunda oportunidade: Manteranse as cualificacións obtidas na metodoloxía "Solución de problemas" realizadas no presente curso académico. Realizarase unha proba mixta que comprenda os mesmos contidos incluídos na primeira oportunidade.

3.    Convocatoria adiantada: Será avaliada por medio dunha proba mixta que suporá o 100 % da cualificación final,  que comprenda todos os contidos e competencias da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes