Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Banca e Finanzas
 Asignaturas
  Sistemas de información
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A10 B2 B5 B8 B10 B12 B13 B25 B26 B27 B28 A solución dos problemas expostos polo profesorado para a súa solución por parte do alumnado, serán obxecto dunha avaliación continua nos termos fixados para cada un deles no momento da súa formulación.
50
Proba mixta A11 B2 B5 B12 B22 B24 B25 B26 B27 Trátase dunha única proba para cada unha das oportunidades de avaliación da convocatoria.

É un exame seguindo os criterios expostos nas metodoloxías.
50
 
Observacións avaliación

A)   NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

1.    Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

2.    Identificación do alumnado: Cando sexa requirido, deberá acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

3. Requisitos mínimos de asistencia: Para que a parte de "Solución de problemas" sexa cualificada, será necesario asistir a un mínimo  dos 80% das sesións presenciais e demostrar participación activa nelas.

B)   TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

 1.    Cualificación de non presentado: Corresponde co caso no que só se participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior aos 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

 2.    Recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: O alumnado  con recoñecemento de dedicación a tempo parcial será avaliado cos mesmos criterios que o alumando a tempo completo.

 C)   OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

1.    Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección.

2.    Segunda oportunidade: Manteranse as cualificacións obtidas na metodoloxía "Solución de problemas" realizadas no presente curso académico. Realizarase unha proba mixta que comprenda os mesmos contidos incluídos na primeira oportunidade.

3.    Convocatoria adiantada: Será avaliada por medio dunha proba mixta que suporá os 100% da cualificación final,  que comprenda todos os contidos e competencias da materia.

D) FRAUDE E RESPONSABILIDADE DISCIPLINARIA:

Con carácter xeral, aplicarase o disposto nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e master universitario" da UDC. En particular, a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria que se cometa: o/a estudante será cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes