Teaching GuideTerm
Faculty of Economics and Business
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Banca e Finanzas
 Subjects
  Valoración financeira
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Mixed objective/subjective test B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B16 B17 B18 C1 C3 C4 C6 C7 Pretende medir a calidade xeral da aprendizaxe e as habilidades desenvolvidas polo alumno, o grao de interiorización e asunción, e a capacidade para aplicalas á solución de problemas (cuasi)reais. Poden incluir cuestións test, numéricas, de desenvolvemento teórico, e/ou de razonamento e interpretación. 50
Mixed objective/subjective test B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B12 B13 B14 B16 B17 B18 C1 C3 C4 C6 C7 Probas escritas periódicas destinadas a controla-lo progreso do alumno ó longo do curso. Poden incluir cuestións test, numéricas, de desenvolvemento teórico, e/ou de razonamento e interpretación. 50
 
Assessment comments

De conformidade coas orientacións establecidas pola Facultade e os
ecriterios de coordinación acordados para a área de Economía Financeira,

  • A primeira e segunda oportunidade avaliaranse calculando a
    media dos resultados da avaliación continua e da proba final, coas
    ponderacións indicadas nesta guía.
  • Oportunidade adiantada:
    avaliarase en función do resultado dunha proba mixta comprensiva de
    tódolos contidos e competencias propios da materia, de acordo coa guía
    do curso inmediatamente anterior
  • Os alumnos con recoñecemento de
    dedicación a tempo parcial e dispensaacadémica de exención de
    asistencia serán avaliados calculando a media dos resultados das
    alomenos tres probas de avaliación continua e a proba final, coas
    ponderacións sinaladas nesta guía.

A avaliación continua
basearase nos resultados das alomenos tres probas mixtas. A primeira
delas pondera un 20% na cualificación do curso, e as outras dúas un 15%
cada unha.

Tódalas probas deberán realizarse nas datas e horas
sinaladas a tal efecto polo equipo docente da materia., ou cando
proceda, polos órganos da Facultade, agás nos supostos que no seu caso
prevea a normativa académica; de non se realizar, cualificaranse como
cero a efecto de calcula-la avaliación global.

De conformidade coa
normativa da Facultade, cualificarase como "non presentado"
exclusivamente ós alumnos que desenvolvan tarefas que ponderen menos dun
20% na avaliación global do curso, con independencia da cualificación
acadada.

De se considerar necesario, poderá publicarse undocumento
de “normas de exame” con aclaracións adicionais de cara á realización
das probas. En calquera caso, non se permitirá o emprego de material de
apoio en ningunha proba, tanto de avaliación continua como final e/ou
conxunto.

Durante as aulas, salvoautorización expresa por parte
dos profesores, os móbiles, ordenadores, smartwatches, ecalquera outro
aparello electrónico agás as calculadoras permanecerán en todo momento
fóra da vista; duranteos exames deberán ademais estar apagados. O
incumprimento destas normas ou ouso indebido destes aparellos serán
causas de expulsión da aula ou dos exames,e neste último caso terán a
interpretación de fraude. A gravación das aulas e/ou as titiorías non
está permitida, e pode ser constitutiva de infracción prevista no Código
Penal.

A comisión de fraude poderáimplicar que o alumno deba
examinarse de forma oral ante un Tribunal compostopolo equipo docente da
materia, sen perxuizo doutras consecuencias académicasque se poidan
derivar.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes