O sistema mencionado arriba é común para a primeira e a segunda oportunidades.
Con
carácter xeral, as actividades de avaliación continua serán valoradas
cando se leven a cabo de acordo coa programación prevista do grupo
correspondente. No cálculo da avaliación continua serán consideradas as
seis mellores puntuacións das sete probas realizadas ao longo do período
docente. Cada proba valerá un punto. Porén, a cualificación dunha das
probas podería substituírse pola obtida mediante a participación en
actividades complementarias programadas (conferencias, seminarios,
etc.).
Na segunda oportunidade, o alumnado poderá recuperar até 4
puntos da avaliación continua. Para isto, antes do exame da segunda
oportunidade, realizará unha proba global sobre os casos nos que se
baseou a avaliación continua da primeira oportunidade. Se o resultado
desta proba fose inferior ao da avaliación continua da primeira
oportunidade, o alumno conservará a nota da primeira oportunidade.
As
condicións de avaliación da Oportunidade Adiantada (art. 19 das Normas
de Avaliación, Revisión e Reclamacións das Cualificacións dos Estudos de
Grao e Mestrado Universitario) serán específicas para esta
oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha proba mixta que suporá o
100 % da cualificación final. Esta proba mixta será deseñada de maneira
singular e específica para valorar en que medida o/a estudante adquiriu
os resultados da aprendizaxe aos que se fai referencia na presente
guía.
Os estudantes a tempo parcial serán avaliados segundo o sistema descrito.
A cualificación de non presentado aplicarase ao alumnado que soamente participa en actividades de avaliación con un peso inferior ao 20% da cualificación final, independentemente da puntuación obtida.