Teaching GuideTerm
Faculty of Economics and Business
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Banca e Finanzas
 Subjects
  Traballo fin de Mestrado
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects B1 B3 B5 B8 B11 B19 B23 B28 C1 C7 C8 O Traballo de Fin de Mestrado só poderá ser avaliado unha vez que se teña constancia de que o alumnado ten superado cando menos o 70% dos créditos totais necesarios para a obtención do título de Máster.

Antes da presentación para ser avaliada, o titor supervisará a realización do proxecto, a calidade dos seus contidos e que se desenvolva de acordo coas presentes normas. Dará a súa opinión sobre cada estudante e o traballo realizado cubrindo o formulario elaborado e dando a conformidade para que se poida presentar ante a Comisión Avaliadora do Traballo Fin de Mestrado.

O traballo será defendido polo alumnado ante a Comisión Avaliadora designada pola Comisión Académico-Docente da Facultade.
100
 
Assessment comments


Defensa pública


A defensa da Máster-Tese será realizada polo alumnado en sesión pública, por medio da exposición oral do seu contido ou das liñas principais do mesmo, durante o tempo máximo de 20 minutos.


A continuación, o alumnado contestará as preguntas e as aclaracións que formulen os membros da Comisión Avaliadora.


A Comisión Avaliadora deliberará sobre a cualificación a porta pechada, e dará audiencia ao titor da Máster-Tese antes de outorgar unha cualificación de suspenso.


Para a avaliación da Máster-Tese o tribunal valorará:


No caso de Máster-Tese con orientación profesional: a existencia dun produto/resultado, aplicabilidade e funcionalidade e calquera outra característica que permita establecer as capacidades do alumno no ámbito profesional relacionado coa temática do Máster.


No caso de Máster-Tese con orientación académica: a calidade científica do traballo, valorada tanto polos resultados alcanzados, difusión e/ou as posibilidades de continuidade do traballo.


En ambos casos se valorará tamén a presentación pública da Máster-Tese e a calidade formal do documento presentado.


A cualificación outorgarase nunha escala numérica de 0 a 10.


 


 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes