Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Banca e Finanzas
 Asignaturas
  Traballo fin de Mestrado
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B1 B3 B5 B8 B11 B19 B23 B28 C1 C7 C8 En caso de non houber requisito explícito esixido por regulamento de TFM, o Traballo de Fin de Mestrado só poderá ser avaliado unha vez que se teña constancia de que o alumnado ten superado cando menos o 70% dos créditos totais necesarios para a obtención do título de Máster.

Antes da presentación para ser avaliada, o titor supervisará a realización do proxecto, a calidade dos seus contidos e que se desenvolva de acordo coas presentes normas. Dará a súa opinión sobre cada estudante e o traballo realizado cubrindo o formulario elaborado e dando a conformidade para que se poida presentar ante a Comisión Avaliadora do Traballo Fin de Mestrado.

O traballo será defendido polo alumnado ante a Comisión Avaliadora designada pola Comisión Académico-Docente da Facultade.
100
 
Observacións avaliación

Regulamento de TFM

Os TFM regúlanse polo Regulamento de Traballos de Fin de Mestrado nos títulos da Facultade de Economía e Empresa da UDC.

Defensa pública

A defensa da Máster-Tese será realizada polo alumnado en sesión pública, por medio da exposición oral do seu contido ou das liñas principais do mesmo, durante o tempo máximo de 20 minutos.


A continuación, o alumnado contestará as preguntas e as aclaracións que formulen os membros da Comisión Avaliadora.


A Comisión Avaliadora deliberará sobre a cualificación a porta pechada, e dará audiencia ao titor da Máster-Tese antes de outorgar unha cualificación de suspenso.


Para a avaliación da Máster-Tese o tribunal valorará:


No caso de Máster-Tese con orientación profesional: a existencia dun produto/resultado, aplicabilidade e funcionalidade e calquera outra característica que permita establecer as capacidades do alumno no ámbito profesional relacionado coa temática do Máster.


No caso de Máster-Tese con orientación académica: a calidade científica do traballo, valorada tanto polos resultados alcanzados, difusión e/ou as posibilidades de continuidade do traballo.


En ambos casos se valorará tamén a presentación pública da Máster-Tese e a calidade formal do documento presentado.


A cualificación outorgarase nunha escala numérica de 0 a 10.


 


 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes