Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Contabilidade Superior e Auditoría de Contas (2013)
 Asignaturas
  Tecnoloxías de Comunicación e Sistemas Informáticos para a Contabilidade e a Auditoría
   Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Sesión maxistral
Solución de problemas
Descrición
1. Na sesión maxistral o alumno pode intervir, logo de petición da palabra, para preguntar, aclarar ou expoñer o seu punto de vista sobre o tema que no momento da súa intervención se estea a tratar.

2. Na solución de problemas o alumno pode intervir tal a iniciativa propia ou por solicitude expressa do profesor.

3. Nos horarios de titoría o alumno será atendido para aclarar aquelas dúbidas que lle xurdan para a preparación da materia. Aínda que non é obrigatorio, se a través do correo electrónico do profesor que imparte o curso ao que pertence o alumno, expón as súas dúbidas e data e hora (dentro das de titoría) en que está interesado en ser atendido, facilitarase a xestión e efectividade destas.

4. Sin á persoa que evacuou a consulta, ésta pode ser publicada en Moodle ou na páxina web do coordinador, xunto ca súa respuesta, coa finalidade de que outros alumnos poidan sacar proveito da mesma. Todo ilo si o profesor a considera oportuna e de interés xeral.

5. Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá poñerse en contacto co profesor nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte, coa finalidade de fixar o devandito calendario.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes