Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Contabilidade Superior e Auditoría de Contas (2013)
 Asignaturas
  Tecnoloxías de Comunicación e Sistemas Informáticos para a Contabilidade e a Auditoría
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A5 A6 A8 A9 A11 C2 C3 C4 C6 C9 C11 C12 Solución de problemas A8 A9 A10 A11 B1 B7 B8 B9 B10 C3 C5 Forma parte da avaliación continua a elaboración dun ou máis casos prácticos plantexados polo equipo docente, nos que se desenvolverá algún ou algúns dos aspectos relativos ao contido da materia coas seguintes precisións:

1. Para a resolución destes casos pode ser necesario o manexo de tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC), e de requirirse entregables serán en formato electrónico.

2. Os traballos desenvolveranse de forma individual ou en grupos de 4 a 6 estudantes. Excepcionalmente e previa aprobación por parte do equipo docente da materia, permitiráse outro número de estudantes por grupo.

3. Forma parte esencial da avaliación continua a discusión durante a clase do desenvolvemento dos traballos co equipo docente da materia, polo que é necesaria a asistencia a clase.

4. Cualquera dúbida acerca deste apartado solventarase sustentándose a solución na idea de "avaliación continua". 40
70
Proba obxectiva A5 A6 A8 A9 A11 Proba de resposta tipo test, de resposta curta, de resposta a desenvolver, exercicios a resolver ou calquera combinación das anteriores sobre os contidos da materia e os exercios resoltos no aula.

A proba non realizada puntúa como cero.
30
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

1.    Condicións
de avaliación
: Queda prohibido o acceso á aula de exames con calquera
dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de
información. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación,
unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa: corresponderá unha cualificación de
"suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade
como na segunda. Para isto, procederase a modificar a cualificación na acta de
primeira oportunidade, se fose necesario.

2.   
Identificación do
alumnado
: O alumnado deberá acreditar a súa personalidade segundo a normativa
vixente.

B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

1.    Cualificación
de non presentado
: Corresponde ao alumnado, cando só participe en actividades
de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da nota final,
independentemente da cualificación acadada.

2.   Alumnado con recoñecemento
de dedicación a tempo parcial e exención académica de exención de asistencia
:
agás para o exame final, para o resto de actividades acordarase un calendario
específico de datas compatible coa súa dedicación ao comezo do cuadrimestre.
Por este motivo, este alumnado deberán poñerse en contacto co profesorado da
materia nos dez primeiros días do cuadrimestre no que se imparte. As
actividades terán o mesmo formato que para o alumnado a tempo completo

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

1.    Primeira
oportunidade
: Aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente sinalados
neste apartado.

2.    Segunda
oportunidade
: Os criterios de avaliación son os mesmos que na primeira
oportunidade.

3.    Oportunidade
adiantada
: Avaliarase mediante unha proba mixta que suporá o 100% da nota
final.

D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DA AVALIACIÓN:

1.    Con
carácter xeral, sen perxuízo do sinalado para o alumnado con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica da exención de asistencia, é
necesaria a asistencia a clase para optar á parte da nota correspondente á
avaliación continua, tanto de primeira como de segunda oportunidade. Rematado o
período de avaliación correspondente á primeira oportunidade, ao alumnado que
aínda teña que superar a materia poderáselle propoñer actividades que lle
permitan recuperar a parte da cualificación correspondente á avaliación
continua para a segunda oportunidade, o que deberá solicitar ao profesorado da
materia cunha antelación mínima de dez días á data do exame de segunda oportunidade.

2.  Os
criterios de cualificación de cada unha das probas anunciaranse no momento da
realización da proba e achegaranse co enunciado da mesma.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes