Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas (2013)
 Asignaturas
  Talleres de directivos
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Talleres de directivos Código 611507001
Titulación
Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas (2013)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Empresa
Coordinación
Martinez Fernandez, Valentin
Correo electrónico
valentin.martinez@udc.es
Profesorado
Casal Rodríguez, Bruno
González García, Isaías
Martinez Fernandez, Valentin
Correo electrónico
bruno.casal@udc.es
isaias.gonzalezg@udc.es
valentin.martinez@udc.es
Web
Descrición xeral Os talleres de directivos son unha peza central no deseño metodolóxico para a aplicación do método deste máster. A filosofía que subxace nos talleres directivos resúmese nos seguintes puntos: - A utilización do método do caso práctico ou proxecto de grupo. - O caso ha de ser explicado de forma interdisciplinar. Isto esixe unha gran coordinación entre as diferentes materias curriculares do MUDAE. Iso require que o caso sexa común para todas elas, sen prexuízo de que determinados contidos de cada materia esixan o desenvolvemento de casos breves concretos. - O caso ha de ser resolto mediante equipos ou grupos de traballo. - O caso se instrumentará, ao comezo do máster, nunha empresa caso para cada un dos grupos de traballo constituídos, que se manterá ao longo do curso. - Cada un dos proxectos establecidos terá un titor que actuará como responsable da empresa. Así mesmo, o alumno entrará en contacto co mundo real da empresa a través dunha serie de conferencias ou charlas impartidas por directivos e profesionais. Estas actividades permitirán que o alumno comece a coñecer a forma en que as empresas abordan os problemas que se lles expoñen, entra en contacto coa xerga propia da actividade empresarial e coñece de primeira man as metodoloxías e solucións que se aplican.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos. Non se realizan cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Mantéñense as mesmas *Metodoloxías docentes que se modifican Mantéñense as mesmas metodoloxías pero adaptaranse aos procedimentos de formación virtual. Empregando as plataformas Moodle e Teams. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado. Empregaranse como mecanismos: correo electrónico, Moodle e Teams. O horario de titorías adaptarase aos grupos de traballo e aos requerimentos do alumnado. 4. Modificacións na avaliación Manteranse os mesmos criterios. Adaptaranse aos procedimentos de formación virtual. Empregando as plataformas Moodle e Teams. *Observacións de avaliación: As mesmas que na presencial pero adaptaranse ao entorno virtual. Na segunda oportunidade os criterios de avaliación serán os mesmos que os que se aplican na modalidade presencial, se ben adaptada a un entorno de formación virtual. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía. Sen modificaciones.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes