Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas (2013)
 Asignaturas
  Xogo de empresa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A5 A11 A15 A16 A17 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 Valorarase a capacidade do alumnado para comprender o funcionamento da empresa do xogo en función das súas interdependencia físicas, económicas, financeiras, de recursos humanos e competitivas.
Igualmente é necesario que cada estudante comprenda a dinámica do mercado no que está a competir.
Valoraranse os resultados obtidos pola empresa dirixida polo alumnado ao longo do xogo tendo en conta tanto os resultados finais obtidos como a capacidade demostrada para ir corrixindo os erros cometidos ao longo do xogo.
Valorarase o grao no que o estudantado fose capaz de formular explicitamente as súas políticas de empresa e demostrar o seu grao de coherencia á hora de aplicar as políticas deseñadas.
Ó finalizar o primeiro cuatrimestre (Xaneiro) e unha vez realizadas as 3 xogadas de ensaio, os grupos emitirán un informe razonao -non máis de dúas páxinas-nas que deberán: 1º) xustificar a elección da estratexia xeral da empresa; 2º) xustificar as distintas decisións adoptadas a nivel operativo 3º) Valorar críticamente os resultados acadados. Este informe formará parte da nota final da asignatura (1ª oportunidade) cun peso do 20%.
O 80% restante corresponderá a avaliación dos resultados finais do xogo de empresa (40%) e a avaliación contínua e individual do alumnado ó longo de todo o xogo (40%).

Para poder evaluarse, o estudantado debe asistir como mínimo o 80% das clases, excepto as persoas con dispensa académica. Considerarase como non presentado a aquelas persoas que non cumpran co requisito de asistencia mínima obrigatoria.
100
 
Observacións avaliación

No que atinxe á segunda oportunidade e convocatoria adiantada do xogo de empresa e debido á imposibilidade de repetir o xogonas mesmas condicións que na primeira oportunidade -xogadas e nivel decompetencia- a evaluación efectuarase coa entrega dun traballo/informe mediante o cal se avaliará a capacidade de toma de decisións de acordo cos contidos e ideastraballadas durante o xogo. Dito informe conterá unha análise estratéxica de cadaunha das decisións tomadas nas distintas rondas do xogo de empresa, comentandoa partires da situación de partida en cada ronda porqué se toman ditas decisións, adoptando polo tanto unha visión reflexiva e crítica de cada unha das decisións tomadas, ronda a ronda, e tamén se ha de ofrecer unha valoracion final de conxunto tanto en térmos da estratexia global adoptada como dos resultados acadados.

Para a segunda oportunidade a entrega do traballo centrado na parte da simulación deberá ser enviado porcorreo electrónico ós profesores da materia José López Rodríguez (jose.lopez.rodriguez@udc.es) e José María Losada López (chema.losada@udc.es) antes da finalización do período de exames da segunda oportunidade. Ademáis no seu momento habilitarase o espazo correspondente através de Moodle para subir dito documento.

Aqueles alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia dirixiránse o profesorado ao inicio do curso para establecer un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación. Ademáis empregarase a plataforma Moodle e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para poder axilizar a xestión de dúbidas e problemas relacionados coa materia.

Cualificaciónde non presentado Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades deavaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificaciónfinal, con independencia da cualificación alcanzada.

Facilitarase a plena integración do alumnado que, por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades para un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos os sexos e propiciarase a intervención nas clases do estudantado.

Fomentaranse os valores de respeto e igualdade para evitar situacións de discriminación por razón de xénero ou de calquera outro tipo.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Pode consultarse o Reglamento disciplinar do estudantado da Universidade da Coruña https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2023/007335

-->

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes