Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas (2013)
 Asignaturas
  Análise do ámbito
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Propoñeranse situacións relativas ós contidos da asignatura para que os alumnos empreguen os coñecementos e habilidades adquiridos para a súa análise, coa intención de ter unha visión práctica da asignatura. Procurárase que o vínculo entre os casos de estudo propostos e as empresas caso sexa o máis estreito posible para contribuír na realización do proxecto común dos diferentes grupos de traballo.
Solución de problemas Resolución de problemas cuantitativos concretos que esixe a aplicación das ferramentas presentadas na aula
Presentación oral De xeito tanto individual como en grupo, os estudantes presentarán mediante exposicións orais os avances efectuados nos seus traballos e tarefas. Defenderán a validez das súas decisións e conclusións perante o profesor, e de ser o caso con outros alumnos e grupos.
Discusión dirixida Participación activa na discusión dos temas propostos polo profesor e relacionados cos contidos do programa da materia. Consiste nun intercambio de ideas e opinións fundamentadas. A discusión pode desenvolverse a nivel de grupo, en particular no relativo ás empresas caso, ou do conxunto de integrantes da aula para cuestións de interese común.
Sesión maxistral Exposición oral por parte do profesor, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe
Análise de fontes documentais O estudante deberá identificar e consultar as fontes documentais necesarias para o problema que pretenda resolver en cada momento. Así mesmo, o profesor deberá ser un colaborador e orientador.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes