Teaching GuideTerm
Faculty of Economics and Business
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas (2013)
 Subjects
  Environmental Scanning
   Methodologies
Methodologies Description
Case study Propoñeranse situacións relativas ós contidos da asignatura para que os alumnos empreguen os coñecementos e habilidades adquiridos para a súa análise, coa intención de ter unha visión práctica da asignatura. Procurárase que o vínculo entre os casos de estudo propostos e as empresas caso sexa o máis estreito posible para contribuír na realización do proxecto común dos diferentes grupos de traballo.
Problem solving Resolución de problemas cuantitativos concretos que esixe a aplicación das ferramentas presentadas na aula
Oral presentation De xeito tanto individual como en grupo, os estudantes presentarán mediante exposicións orais os avances efectuados nos seus traballos e tarefas. Defenderán a validez das súas decisións e conclusións perante o profesor, e de ser o caso con outros alumnos e grupos.
Directed discussion Participación activa na discusión dos temas propostos polo profesor e relacionados cos contidos do programa da materia. Consiste nun intercambio de ideas e opinións fundamentadas. A discusión pode desenvolverse a nivel de grupo, en particular no relativo ás empresas caso, ou do conxunto de integrantes da aula para cuestións de interese común.
Guest lecture / keynote speech Exposición oral por parte do profesor, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe
Document analysis O estudante deberá identificar e consultar as fontes documentais necesarias para o problema que pretenda resolver en cada momento. Así mesmo, o profesor deberá ser un colaborador e orientador.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes