Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas (2013)
 Asignaturas
  Análise do ámbito
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A2 B12 C2 C3 C9 Valorarase a capacidade do alumno para aplicar a metodoloxía do caso empregando os coñecementos específicos desta materia 70
Solución de problemas A2 B1 B2 B3 B8 B14 C4 Valorarase a capacidade do alumno para aplicar na resolución de problemas os coñecementos e ferramentas específicos desta materia 30
 
Observacións avaliación

O sistema de avaliación seguirá os mesmos criterios, tanto para a primeira, como para a segunda oportunidade e a convocatoria extraordinaria. No caso da segunda oportunidade e a convocatoria extraordinaria facilitarase que o/a alumno/a poida acadar o 100% da calificación, con adaptacións parciais de tarefas incompletas dun tema, ou no caso xeral, cun novo proxecto a desenvolver, de similares características ao orixinal do grupo que lle correspondía, que terá que ser acordado co profesor.

A avaliación das metodoxías ao longo do curso require a participación activa na aula

Nas situacións de matrícula a tempo parcial ou de exención de asistencia, acordárase unha programación e un sistema de entrega co profesor para os estudos de casos e problemas que non se poidan realizar na aula, sempre coas mesmas obrigas que os/as estudantes presenciais. En todo caso, os/as estudantes que se atopen nesta situación terán  que acudir, nas datas programadas, ás probas avaliables  presenciais do mesmo xeito que o estudantado a tempo completo.

A avaliación das metodoxías ao longo do curso require a participación activa na aula

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.


Cualificación de non presentado Corresponde ao alumno/a, cando sólo participe
de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ó 20% sobre a cualificación final, con independencia da calificación alcanzada.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de
suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na
segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de
primeira oportunidade, se fose necesario.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes