Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas (2013)
 Asignaturas
  Dereito de empresa
   Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Solución de problemas
Descrición
O profesor ademais de atender ás cuestións suscitadas polos estudantes en cada unha das clases, atenderaos de forma máis ampla e personal (o grupo do proxecto) nas sesións de tutorías. Nos horarios de tutoría os alumnos serán atendidos para aclarar aquelas dúbidas que lles xurdan para a preparación da materia.

Durante o desenvolvemento dos casos, o alumno poderá intervir para preguntar, aclarar ou expoñer o seu punto de vista sobre algún aspecto relativo ao caso, e atenderase de forma personalizada a cada un dos grupos de traballo orientándoos na formulación do caso, fomentando a discusión constructiva entre os compoñentes do grupo e corrixindo aqueles aspectos do traballo que a xuízo do profesor así o requiran.

O seguimiento de cada un dos traballos contribuirá a poder valorar de forma máis precisa o esforzo realizado por cada un dos compoñentes do grupo de traballo.

En relación co alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, débese ter en conta o seguinte: acordarase ao comezo do curso un calendario específico de tutorías compatibles coa súa dedicación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes