Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas (2013)
 Asignaturas
  Dereito de empresa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A3 A18 A19 A20 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B12 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 Se valorará a capacidade do alumno para aplicar e expoñer (presentar) a metodoloxía do caso utilizando os coñecementos específicos desta materia. Mediante presentación do proxecto por todolos membros do grupo. 70
Solución de problemas A4 A5 A6 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B12 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 Se valorará a capacidad do alumno para la solución de problemas utilizando os coñecementos específicos desta materia. Intervención de todolos membros do grupo do proxecto. 30
 
Observacións avaliación

Dado que no deseño currícular do MBA, para a valoración do alumno é necesaria unha estreita colaboración dos profesores de cada materia co director responsable da empresa o proxecto. A valoración do traballo desenvolvido polo estudante en cada unha das materias soamente cobra sentido si resulta adecuado para resolver os problemas de xestión da empresa na que o alumno participa.

É evidente que o estudo de casos esixe para a súa realización a aplicación adecuada das metodoloxías de solución de problemas, a presentación oral dos resultados da análise, a capacidade de discutir e defender os criterios que sustentan a análise e a procura, filtrado, selección e consulta de fontes de documentación que apoien a análise.

En todo caso, o sistema de avaliación sería: 70% estudo de casos e 30% solución de problemas e defensa das preguntas feitas polo tribunal na presentación do traballo da materia. Ambos feitos valorados na presentación do traballo polo equipo.

Os criterios de avaliación serán iguais tanto na primeira como na segunda oportunidade e na convocatoria extraordinaria.

Os alumnos con dedicación a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia terase en conta o seguinte. En primeiro lugar, empregarase a plataforma Moodle e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos tutorías e entrega de traballos. En segundo lugar, acordarase, ao comezo do curso, un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, pero terán a mesma obrigación de realizar as actividades correspondentes e de acudir a calquera tipo de proba de avaliación que o alumnado a teimpo completo. E, en terceiro lugar, excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.

Cualificación de non presentado Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

Arealización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vezcomprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoriaen que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión dafalta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto,procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade,se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes