Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas (2013)
 Asignaturas
  Dirección de recursos humáns
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A23 A24 A25 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B12 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 Valorarase a capacidade do alumno para aplicar a metodoloxía do caso utilizando os coñecementos específicos desta materia. 60
Presentación oral C1 C5 C6 C7 C8 C10 C11 Valorarase a presentación oral do estudo de caso tendo en conta o seguinte:
- Manexo da terminoloxía específica, precisión e adecuación de contido
- Claridade expositiva
- Exposición ordenada de ideas, capacidade de análise e síntese da información
- Capacidade de resposta a posibles preguntas e calidade da resposta
30
Solución de problemas A23 A24 A25 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 Valorarase a capacidade do alumno para a utilización dos coñecementos específicos desta materia e a súa participación nas actividades propostas en clase. 10
 
Observacións avaliación

Dado o deseño currícular do MBA, para a avaliación do alumno é necesaria unha estreita colaboración dos profesores de cada materia co director responsable da empresa.

O estudo de casos esixe para a súa realización a aplicación adecuada das metodoloxías de solución de problemas, a presentación oral dos resultados do análise, a capacidade de discutir e defender os criterios que sustentan o análise e a búsqueda, filtrado, selección e consulta de fontes documentais que soporten o análise.

Os criterios de avaliación descritos (estudo de casos 60%, solución de problemas 10%, e presentación oral 30%) aplicaranse para a primeira oportunidade.

Na segunda oportunidade e na convocatoria extraordinaria, o alumno deberá presentar un proxecto de análise individual de RRHH na data oficial da convocatoria.

Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial serán avaliados cos seguintes criterios tanto na primeira coma na segunda oportunidade: estudo de casos 60% e presentación oral 40%.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de
suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na
segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de
primeira oportunidade, se fose necesario.

Cualificación de non presentado: corresponde ao alumno cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes