Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas (2013)
 Asignaturas
  Sistemas de información. Xestión das TIC
   Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Solución de problemas
Traballos tutelados
Descrición
1. Na sesión maxistral o alumnado pode intervir, logo de petición da palabra, para preguntar, aclarar ou expoñer o seu punto de vista sobre o tema que no momento da súa intervención se estea a tratar.

2. Na solución de problemas e nos traballos tutelados, o alumnado pode intervir tal e como se expón no apartado de metodoloxías.

3. As titorías individualizadas para todo o alumnado (incluído o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia) celebraranse nos horarios anunciados ao inicio do cuadrimestre no que se imparte a materia. Neses horarios, o alumnado será atendido para aclarar aquelas dúbidas que lle xurdan para a preparación da materia. Aínda que non é obrigatorio, se a través do correo electrónico do profesorado que imparte o grupo ao que pertence o alumnado, expón as súas dúbidas e data e hora (dentro das de titorías) en que está interesado en ser atendido, facilitarase a xestión e efectividade destas.

3. Sin citar á persoa que evacuou a consulta, ésta pode ser publicada en Moodle xunto coa resposta, coa finalidade de que o restante alumnado poida sacar proveito da mesma. Todo elo se o profesorado a considera oportuna e de interese xeral.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes