Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas (2013)
 Asignaturas
  Sistemas de información. Xestión das TIC
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A7 A11 A21 A22 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C2 C3 C11 Proba relativa ós contidos discutidos nas sesións presenciais e á programación de traballo non presencial. 20
Estudo de casos A1 A2 A7 A9 A10 A11 A21 A22 B2 B3 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 Valoraranse i) o grao de participación; ii) a creatividade e o nivel de asertividade; iii) a capacidade para diagnostica-las situaciones formuladas e realizar contribucións valiosas; iv) a calidade das solucións propostas; v) o contido do informe ou memoria presentado; e vi) a capacidade para sustenta-las conclusións con argumentos baseados na lóxica financeira, organizativa e competitiva da empresa. No caso de tarefas tareas de grupo, a cualificación pode individualizarse atendendo a estes criterios. 40
Traballos tutelados A2 A9 B10 B11 B12 C2 C4 C6 C9 C10 C11 Valorarase i) a calidade do traballo preliminar de busca de información, mostraxe, etc.; ii) a calidade do traballo estatístico realizado para analiza-los datos dispoñibles; iii) a relevancia das conclusións obtidas, e o seu respaldo na lóxica financeira e organizativa; iv) a calidade da memoria ou informe final, e no seu caso, da exposición. 40
 
Observacións avaliación

Dacordo coas indicacións recibidas da Reitoría e da Facultade, a avaliación será continua e presencial; se as circunstancias non o permitir, adoptarase un modelo non presencial sobre as plataformas institucionais da UDC, mantendo na medida do posible a metodoloxía e as probas de avaliación que no seu caso se realizasen ate o momento.

Dispoñibilidade de recursos técnicos: se a situación sanitaria o aconsella, o equipo docente pode acordar que o traballo ordinario e as probas de avaliación se desenvolvan en soporte electrónico, incluíndo aquelas que se poidan realizar na aula. Os alumnos son responsables de dispor, dende o inicio de cuadrimestre, dos medios necesarios para acceder a recursos electrónicos e no seu caso realizar unha avaliación en formato electrónico. Se carecen celes, poden consultar á UDC a posibilidade de que lles sexan facilitados, nos termos do documento de “Orientacións para a programación da actividade docente: curso 2020-2021 ”

Cualificación de non presentado: corresponde ós alumnos que participen unicamente de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ó 20% na cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

Segunda oportunidade: os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade poderán facelo na segunda desenvolvendo un traballo sobre un tema específico da materia que se
comunicará individualmente a cada alumno despois da publicación das
cualificacións da primeira oportunidade. O traballo debe ter unha extensión
mínima de 50 follas A4 a unha cara con marxes de 2,5cm. por cada lado,
tipografía Times New Roman corpo 11 e espaciado de 1,5 liñas; o número de
palabras non pode ser inferior a 10.000, excluídas citas e bibliografía, que
seguirán a norma APA. Valorarase de cero a dez puntos en función da profundidade e calidade do
contido, a amplitude e relevancia da bibliografía empregada, e o interese das
conclusións. Son de aplicación as seguintes esixencias de orixinalidade: aceptaranse unhas
similitudes máximas do 25% (excluídas citas e bibliografía) e do 30% (incluíndo
citas e excluíndo bibliografía); de se considerar necesario, pode preverse unha presentación persoal do traballo, que será condición necesaria para supera-la asignatura. O incumprimento destas condicións entenderase
fraude, coas consecuencias que se prevén na normativa académica.

Oportunidade adiantada: avaliarase a partir dun examen sobre 10 puntos.

Uso de dispositivos: durante as sesións presenciais non está permitido emprega-los móbiles, ordenadores, etc. a menos que estea xustificado pola actividade académica e, en calquera caso, exista autorización previa por parte dos profesores. Durante as probas de avaliación estes dipositivos deberán estar apagados e fóra da vista, a menos que o seu uso se autorizase. O incumprimento destas normas interpretarase como fraude, coas consecuencias académicas que se deriven.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes