Teaching GuideTerm
Faculty of Economics and Business
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas (2013)
 Subjects
  Master Dissertation
   Contents
Topic Sub-topic
Dada a orientación profesional do MBA, o traballo fin de mestrado deberá expoñer o desenvolvemento do caso práctico analizado durante o mestrado relacionándoo coa actividade profesional e os contidos dos diferentes módulos do mestrado. Así mesmo establécese a necesidade de que o alumno profunde nunha temática, que en certo xeito, teña vinculación co caso práctico desenvolvido durante o máster.

Outra posibilidade é que o alumno realice un traballo que non teña viculación co caso practico desenvolto durante o mestrado. Neste caso a proposta de traballo poderá vir formulada polo profesor titor ou polo propio alumno. Para acollerse a esta opción ambas partes denerán estar de acordo. O tema proposto debe ser de interese e adaptarse aos requisitos necesarios de calidade que todo TFM debe reunir.
Formalmente, deberá cubrir o seguintes apartados:
- Decrición dos problemas analizados e os obxectivos da análise.
- Fundamentos teóricos aplicados.
- Metodoloxía e fontes de información.
- Traballo de campo, no seu caso.
- Resultados obtidos.
- Conclusións.
- Fontes bibliográficas e documentais consultadas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes