Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Economía
 Asignaturas
  Métodos Cuantitativos
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Métodos Cuantitativos Código 611532004
Titulación
Máster Universitario en Economía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Perez Lopez, Jose Benito
Correo electrónico
benito.perez@udc.es
Profesorado
Pereira Saez, Maria Jose
Perez Lopez, Jose Benito
Correo electrónico
maria.jose.pereira@udc.es
benito.perez@udc.es
Web
Descrición xeral A asignatura divídese en dous módulos, un de Matemáticas e outro de Estatística, que se desenvolverán de forma independiente e simultánea durante a primeira mitade do cuadrimestre. No módulo de Matemáticas aprenderase a traballar cas principais ferramentas de optimización e resolución de ecuaciones diferenciais para a súa posterior aplicación noutras asignaturas do máster. O módulo de Estatística ten un enfoque aplicado. O principal obxectivo será que cada alumno/a sexa quen de aplicar na súa actividade profesional ou investigadora técnicas estatísticas xa aprendidas previamente na súa meirande parte e que requiren da preparación e a análise de datos (en ocasións grandes volumes, utilizando as ferramentas TIC, principalmente o entorno R, ademáis das follas de cálculo habituais.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen A metodoloxía docente exposta nesta guía docente utilizarase independentemente do grao de presencialidade baixo o que se imparta a materia. *Metodoloxías docentes que se modifican En caso de que a docencia e as titorías non poidan impartirse de xeito presencial, empregaranse as ferramentas do Campus Remoto. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado -Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Campus remoto: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de foros temáticos asociados aos módulos da materia, para formular as consultas necesarias. Dispoñen de videoconferencia para a realización de tutorías en liña. 4. Modificacións na avaliación O método de avaliación non precisa ningunha adaptación. No caso de que o exame non poida realizarse de forma presencial, realizarase virtualmente a través das ferramentas do Campus Remoto. *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada no Campus Remoto.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes