Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Economía
 Asignaturas
  Avaliación de Políticas Públicas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A3 A2 B6 B8 C4 C1 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. 30
Estudo de casos B6 B8 C1 C4 C5 Seguimento da aprendizaxe do alumnado nas sesións programadas a través da súa participación nas mesmas e da realización e defensa dos casos propostos 70
 
Observacións avaliación

Requírense coñecementos de inglés, especialmente na comprensión lectora,
xa que unha parte do material que se facilitará ao alumno está nesta
lingua.

A cualificación final consta de dúas partes:

A.-Exame: 30% da cualificación. 

B.-Estudo de casos: 70% da cualificación. 

A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia.

Os criterios de avaliación son os mesmos para a primeira e a segunda oportunidade de cada convocatoria, así como para a convocatoria adiantada. No caso de non superar a materia na primeira oportunidade, pódese gardar a puntuación dos casos prácticos (parte B) para a segunda oportunidade, ou pódense recuperar os casos prácticos, que deberán presentarse tres días antes da data sinalada para a proba oficial. 


No caso de alumnado con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, empregarase a plataforma virtual e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, atención personalizada e entrega de casos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, pero terán o mesmo deber de realizar actividades e probas de avaliación que o alumnado a tempo completo. A efectos de cualificación, a cualificación de non presentado corresponde ao alumnado cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación conseguida.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes