Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Economía
 Asignaturas
  Análise Económica Rexional
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A4 A1 A2 A3 A6 A9 B2 B3 B4 B6 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 Traballo de investigación, utilizando técnicas de análise empírica con R. 100
 
Observacións avaliación
Un 100% da cualificación virá por avaliación continua. E esta consistirá na realización dun traballo de investigación utilizando xestión de datos e técnicas de análise empírica con R e, en particular, técnicas de análise xeográfica. En función do calendario, poderá haber dúas entregas, a primeira como borrador, para recibir correccións, e a segunda como entrega final.

A selección do tema de investigación ha de ter lugar canto antes, en conversas co profe-sor da materia. Vocacionalmente esta materia está orientada a achegar valor ao traballo de fin de máster (TFM). Daquela, suxírese realizar un traballo sobre un tema que sexa útil para o TFM ou, directamente, ampliar logo o traballo desta materia para o converter en TFM.

Os criterios de avaliación do traballo serán:
  • Estrutura e presentación: 10%
  • Respecto ás normas dun artigo científico: 20%
  • Redacción: 10%
  • Pregunta de investigación/obxectivo, lóxica narrativa e conclusións: 20%
  • Dificultade do tema, esforzo en R e en lecturas: 20%
  • Sofisticación do código de R: 20%

Este traballo será obrigatorio para os/as estudantes con "recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia".
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes