Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Principios de Microeconomía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A5 A9 A12 B2 Valoraranse as respostas ofrecidas polos alumnos ás cuestións prácticas suscitadas nas sesións ineteractivas 10
Estudo de casos A6 A10 B3 C3 Valoraranse as solucións propostas polos alumnos á resolución dos casos suscitados 10
Proba mixta C5 C7 Valoraránse as respostas oferecidas polos alumnos ás cuestións suscitadas nunha proba obxectiva que poderá consistir en preguntas conceptuais, de razoamenteo, resolución de exercicios e/ou casos, etc. 70
Discusión dirixida A13 B9 Valoraranse as respostas ofrecidas polos alumnos ás cuestións prácticas e teóricas suscitadas nas sesións ineteractivas 10
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

1. Condicións de avaliación: Está prohibido acceder ao aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamiento de información.

2. Identificación do estudante: O estudante acreditará a súa personalidade de acordo coa normativa vigente.

B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

1. Para superar a materia será necesario alcanzar unha cualificación dun mínimo de 5 sobre 10.

2. A avaliación continua realizada durante o curso constitúe o 30% da cualificación. Non obstante, se nas probas obxectivas obtivérase un mínimo de 5 sobre 10 non sería necesario realizar o exame final.

3. Nas probas oficiais darase a oportunidade de recuperar esta avaliación continua. Desta maneira, en calquera destas probas sería posible alzancar o 100% da cualificación.

4. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da nota alcanzada.

5. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, aínda que estean exentos de asistencia, serán avaliados cos mesmos criterios que aos alumnos a tempo completo.

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

1. Primeira oportunidade: poderase alcanzar o 100% da cualificación cunha proba obxectiva da temática impartida na clase ao longo do curso, no que poderase incluir preguntas conceptuais, resolución de problemas e/ou casos. 

2. Segunda oportunidade: poderase alcanzar o 100% da cualificación cunha proba obxectiva da temática impartida na clase ao longo do curso, no que poderase incluir preguntas conceptuais, resolución de problemas e/ou casos. 

3. Convocatoria adiantada: realizarase un único exame que supoñerá o 100% da cualificación. Para aprobar deberase obter unha cualificación dun mínimo de 5 sobre 10.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes