Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Historia Económica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A5 A6 A9 A10 A12 C1 C2 C6 Incluen as prácticas con material cuantitativo y cualitativo que serán avaliadas cunha proba ao longo do primeiro cuatrimestre. O calendario da proba facilitarase ao comezo do curso. 30
Presentación oral A2 A3 A7 A8 A9 A10 A12 A13 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C4 C6 C8 Esta presentación correspóndese coa realización, exposición e discusión dun traballo individual durante o primeiro cuatrimestre, basado no material gráfico-estatístico ou teórico que o docente facilitará aos estudantes e que estos deberán analizar a partires de consultas bibliográficas (realizadas individualmente na biblioteca universitaria). O calendario da entrega do traballo e da súa exposición facilitarase durante as primeiras semanas do curso. 30
Proba obxectiva A2 A4 A7 A8 A13 B2 B1 B3 B4 C1 C2 Consistirá na realización dun examen escrito sobre os contidos teóricos do programa na convocatoria oficial da primeira oportunidade. Valoraráse a capacidade de expresión, o manexo e o dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética e, por suposto, o coñecemento dos contidos do programa. 40
 
Observacións avaliación

Non se exise asistencia obrigatoria á clase. Porén, recoméndase
a asistencia a clase dende o primeiro día aínda que o estudante esté pendente
de completar o proceso de matrícula porque o calendario da avaliación fixado
aos inicios do curso (para cada apartado anterior) é independente da data de
matrícula individual do alumno.

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta
materia solicitarase en formato pdf a través da plataforma Moodle nas
condicións que os docentes sinalarán ó inicio do curso.

Para superala asignatura, o alumno debe obter como mínimo 50
puntos dos 100 totais.

A calificación de non presentado corresponde ao alumno, cando só
participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao
20% sobre a calificación final, con independencia da calificación alcanzada.

Respecto á convocatoria da segunda oportunidade e a da
extraordinaria adiantada, ambalas dúas consistirán na realización dunha proba
obxectiva cun valor máximo do 70% da nota final. A puntuación obtida nesta
proba engadirase á calificación que o/a estudante obtivera, ou ben na proba
práctica do primeiro cuadrimestre, ou ben no traballo do curso do primeiro
cuadrimestre (seleccionarase só unha desas notas, a maoir obtida polo
alumno/a). Na convocatoria adiantada, se o estudante carece de nota de
evaluación continua durante o curso 2020/21, engadirase á puntuacion obtida
a da avaliación continua do curso inmediatamente anterior. En calqueira caso,
en ambalas dúas oportunidades, aínda que non teñan nota de avaliación
continua, os estudantes poderán superar a materia nas citadas oportunidades
obtendo 5 puntos dos 7 potenciais.

Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia: excepto para as datas aprobadas
na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas
acordarase ao inicio do curso un calendario específico compatible coa sua
dedicación sempre e cando ese calendario esté integrado na franxa horaria das
exposiciones ou probas prácticas da clase do grupo asinado ó estudante
(porque a proba práctica e a exposición do traballo teñen lugar de maneira
presencial diante do resto do estudantado no horario lectivo do grupo de
clase no que se atope o alumno). O estudante que se atope nestas circunstancias
debe poñerse en contacto cos seus docentes vía correo electrónico antes do 30
de setembro de 2020. Así mesmo, recordamos que non se require asistencia
obrigatoria á materia salvo para as probas e a exposición dos traballos;
éstos sí requiren presenza física do estudante, sempre e cando desexe ser
avaliado neses ítems.

Por tanto, todolos estudantes, incluidos os que teñan
recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención
de asistencia, poderán superala materia obtendo a lo menos 50 puntos dos 100
totais entre todalas probas do curso. Aqueles estudantes que non poidan
acudir as probas do curso con motivo debidamente xustificado (xustificado cos
certificados correspondentes para os casos que contempla a normativa académica
-caso de enfermidade ou accidente, por exemplo-), poderán realizar as mesmas
noutra ocasión que lles será comunicada tendo en conta o sinalado polo
regramento académico.

Está prohibido acceder á aula do exame/probas con calquer
dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenaxe de
información.

De igual maneira, é necesario que cada alumno que desexe
realizar as probas se identifique correctamente co D.N.I. na aula onde se
vaia realizar a proba (ten que acreditar a súa personalidade dacordo ca
normativa vixente).

Os alumnos/as deben consultar
obrigatoria e frecuentemente
a plataforma virtual da materia
(moodle), onde os profesores colocan a información mais relevante da mesma.
Ademáis, os estudantes deben
subir unha foto actualizada
ao seu perfil de moodle para a
súa correcta identificación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes