Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Socioloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A11 A13 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 C7 C8 Prácticas, actividades e participación ao longo do curso (30% da nota). 30
Proba obxectiva B4 B5 Exame teórico sobre os contidos do programa, que se celebrará nas datas oficiais.
50
Traballos tutelados A13 B2 B1 B3 B4 B6 B7 B8 C1 C6 C8
Traballo grupal de carácter práctico relacionado coa materia que será exposto oralmente en clase (20% da nota).
20
 
Observacións avaliación

Todas as actividades, tarefas e traballos a realizar ao longo do cuadrimestre van contabilizarse para a nota final. O conxunto de prácticas, tarefas grupales, asistencia e participación suporán o 30% da cualificación, a realización do traballo en grupo o 20% e o exame final o 50%.
Desta forma valórase e compénsase todo o traballo realizado. As prácticas que se realizarán ao longo do cuadrimestre terán un contido variado. O exame final terá lugar nas datas oficiais marcadas pola UDC.
Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto a parte práctica (traballos e prácticas) como o exame.

Aqueles alumnos que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial (os que non se acollan á avaliación continua presencial), deberán porse en contacto coa profesora ao comenzo do curso. A súa avaliación basearase nun traballo teórico (25% da nota), un traballo empírico relacionado coa socioloxía económica (25% da nota) e o exame presencial realizado na data oficial estipulada pola UDC (50% da nota).

Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados como o exame.

Gardaranse as notas dos traballos e das prácticas para a segunda oportunidade.

Os/as alumnos/as que se vaian a presentar á "Convocatoria adiantada", deberán contactar coa profesora ao comezo de curso para que lles indique o sistema de avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes