Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Socioloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A11 A13 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 C8 Probas tipo test sobre as lecturas do curso 30
Proba obxectiva A11 B1 B4 B5 Exame tipo-test sobre os contidos do programa, que se celebrará nas datas oficiais
40
Traballos tutelados A13 B2 B1 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C1 C6 C8 Traballos individuais e colectivos de carácter práctico relacionados coa materia
30
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE 

A nota do apartado “seminarios” será a media das notas obtidas nas distintas probas de tipo-test que se realizarán ao longo do curso para avaliar o coñecemento adquirido a partir das lecturas. As probas deste apartado que non se realicen computarán como un 0. A nota do apartado “traballos tutelados” será a media das notas das distintas actividades prácticas, individuais e colectivas, que se irán facendo ao longo do curso. Os traballos deste apartado que non se entreguen computarán como un 0. Para superar a asignatura é necesario aprobar a proba obxectiva.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

O peso relativo dos distintos apartados no sistema de avaliación da segunda oportunidade será o mesmo da primeira. Para a segunda oportunidade, os/as estudantes terán a oportunidade de: 

a) Si a media do apartado “traballos tutelados” foi inferior a 5 na primeira oportunidade, poderán reelaborar os traballos tutelados que suspendan. 

b) Si a media do apartado “seminarios” foi inferior a 5 na primeira oportunidade, terán que enfrontarse a unha proba test única sobre TODAS as lecturas de semanarios do curso. 

c) Si a nota da proba obxectiva foi inferior a 5 na primeira oportunidade, poderán volver repetir a proba.

CONVOCATORIA ADIANTADA

Os/as alumnos/as que se vaian a presentar á "Convocatoria adiantada", deberán contactar co profesor ao comezo de curso para que lles indique o sistema de avaliación. ESTUDANTES CONRECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DEASISTENCIA Aqueles alumnos que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial (os que non se acollan á avaliacióncontinua presencial), deberán poñerse en contacto co profesor a comezo decurso. A súa avaliación basearase nun portafolio que inclúa unha recensión decada unha das lecturas obrigatorias do curso (40%) e o exame presencial realizado na data oficial estipulada pola UDC (60% da nota). Para aprobar a materia é necesario aprobar o exame presencial.

CUALIFICACIÓN DENON PRESENTADO

Entre o alumnado a tempo completo, terán a cualificación de “Non presentado” aqueles que cumpran calquera das seguintes condicións: a) Nonpresentarse á proba obxectiva 
b) Nonpresentarse a máis da metade das probas de seminario.
 
Entre o alumnado a tempo parcial, terán a cualificación de “Non presentado” aqueles que cumpran calquera das seguintes condicións:
a) Nonpresentarse á proba obxectiva 
b) Nonpresentar o portafolio de recensións de lecturas.

SOBRE CONDICIÓNSDE AVALIACIÓN FINAL

Está prohibido acceder ao aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

IDENTIFICACIÓN DO ESTUDANTE

O estudante debe acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes