Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Socioloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A11 B1 B4 B5 Exame con preguntas de desenvolvemento sobre os contidos teóricos da materia.
40
Traballos tutelados A13 B2 B1 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C1 C6 C8 Realización de traballos individuais e colectivos nos que se apliquen os coñecementos adquiridos na materia. 60
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

1. Condicións de avaliación: está prohibido acceder á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.

2. Identificación do alumno: o alumno deberá acreditar a súa personalidade segundo a normativa vixente.

B) TIPOS DE CALIFICACIÓN:

1. Calificación de non presentado: corresponde ao alumno cando só participa en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a calificación final, independentemente da calificación acadada.

2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención de asistencia á exención de asistencia: o alumno deberá comunicar esta circunstancia aos profesores da materia ao comezo do curso para establecer un calendario específico de datas compatibles coa súa dedicación, agás o datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxetiva.

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

1. Primeira oportunidade: na convocatoria correspondente á 1ª oportunidade avaliarase aos alumnos matriculados en función dos seguintes criterios: 1) realización, entrega e exposición oral dos traballos e actividades prácticas (60% da calificación); e b) proba obxetiva con preguntas de desenvolvemento sobre o contido teórico da materia (40% da calificación). A suma das puntuacións obtidas en cada un dos apartados constitúe o 100% da nota final.

2. Segunda oportunidade: na convocatoria correspondente á 2ª oportunidade, os estudantes serán avaliados mediante unha proba obxetiva con preguntas de desenvolvemento relacionadas coa parte teórica da materia. Neste caso, a nota do exame representará o 100% da calificación final.

3. Convocatoria anticipada: no caso de que un alumno solicite a convocatoria anticipada, avaliarase mediante unha proba obxetiva con preguntas de desenvolvemento relacionadas coa parte teórica da materia. A ponderación desta proba nesta convocatoria será do 100%.

D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN:

Sistema antiplaxio: os profesores reservaranse o dereito de non avaliar traballos que presenten plaxio no seu contido (todas as actividades realizadas no marco da materia serán sometidas ao programa antiplaxio Turnitin).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes