Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Análise das Operacións Financeiras
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta 1. Consiste nun exame teórico-práctico dos contidos da materia, con preguntas curtas, preguntas a desenvolver, preguntas sobre supostos prácticos, preguntas tipo test (verdadeiro/falso), preguntas de resposta múltiple ou unha combinación dos tipos mencionados.

2. O exame pode ser oral ou escrito. De non se publicar nada en contrario na páxina web da materia (Moodle) con 48 horas de antelación, o exame será escrito.

3. Celebraranse nas datas, horas e aulas que a Xunta de facultad fixe oficialmente.
Proba de resposta breve 1. Consisten nun exame sobre unha parte da materia e pode ser de respostas curtas, de tipo test (verdadeiro/falso), de resposta múltiple, de preguntas a desenvolver e de preguntas sobre supostos prácticos ou unha combinación delas.

2. O exame pode ser oral ou escrito. De non dicirse nada en contrario na convocatoria da proba en Moodle, o exame será escrito. A súa duración é de entre 20 e 60 minutos.

3. O grupo pode subdividirse para a realización das probas en cuantos subgrupos con1. Consisten nun exame de respostas curtas, de tipo test (verdadeiro/falso), de resposta múltiple ou unha combinación delas.

Solución de problemas Solución de problemas

Solución de problemas

1. Exposición e solución de exemplos prácticos acerca dos contidos teóricos.

2. As prácticas e exemplos se intercalan cos contidos teóricos co fin de facilitar a comprensión da materia.

3. Na solución dos exemplos prácticos poderase intervir: a) a iniciativa propia, tras pedir quenda de palabra b) por iniciativa do profesor, que solicitará expresamente a intervención.

4. Formularanse exercicios a realizar en horas non presenciais ou de traballo autónomo. En horas presenciais posteriores farase unha revisión dos exercicios na que poderase intervir e abrirase a correspondente quenda de preguntas co fin de aclarar aqueles aspectos que se formulen sobre o contido destas .

Seminario Son un total de 4 horas adicionais de docencia que se impartirán ao longo do cuadrimestre en pequenos grupos de estudantes.
Realizaranse en tres sesións de 80 minutos nos meses de outubro, novembro e decembro respectivamente a través de Microsoft Teams ou presencialmente e fóra do horario habitual de clase na data e hora acordadas co profesor.
Os obxectivos do seminario son:
a) Comentar calquera dúbida teórica sobre a parte da materia explicada ata ese momento
b) Resolución de exercicios da parte de materia explicada ata ese momento.
Sesión maxistral Sesión maxistral
1. Exposición nas clases presenciais dos contidos teóricos e prácticos da materia co obxecto de que orientar na preparación da materia.

2. O tempo dedicado a cada un dos capítulos en que está dividida a materia será proporcional ao grao de dificultade na preparación destes e á súa extensión, de modo tal que non se dedicará o mesmo tempo a cada un dos capítulos, senón que se profundará máis nuns que noutros. Todo iso, a xuízo do profesor que imparte a materia.

3. Para a preparación dos capítulos de menor dificultade de comprensión poderíase remitir a consultar á bibliografía, aínda que nese caso nas clases presenciais orientaráselle acerca de: a) que fontes concretas se recomenda utilizar b) que aspectos son os máis relevantes e de maior interese en orde a alcanzar os resultados da aprendizaxe establecidos para a materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes