Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
Inicio | galego | castellano | english | A A |
Grao en Economía
Asignaturas
Análise das Operacións Financeiras
Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta breve A8 B4 B5 B6 1. Tres probas ao longo do curso.

2. Cada unha delas supón o 15% da avaliación final, o que no seu conxunto supón o 45% desta.

3. Consisten nun exame de respostas curtas, de tipo test (verdadeiro/falso), de resposta múltiple, exercicios prácticos ou unha combinación delas.

4. Veáse o apartado de metodoloxías en relación á posibilidade de mellorar a nota do exame escrito ou oral, se é o caso, a través de intervencións na quenda de discusión que se abrirá ao final de cada proba.
45
Proba mixta A6 A8 1. Trátase dunha única proba para cada unha das oportunidades de avaliación da convocatoria.

2. Supón o 55% da avaliación final.

3. Consiste nun exame seguindo os criterios expostos en metodoloxías.

4. Nos exames tipo test (verdadeiro/falso) e nas de resposta múltiple as preguntas mal respondidas puntuarán negativo.
55

Observacións avaliación

Os criterios de avaliación son os mesmos para cada unha das oportunidades de avaliación.

Quere iso dicir que: 1) en ambas as dúas probas de avaliación teranse en conta as cualificacións obtidas nas probas de resposta breve, que supoñen, en conxunto, o 45% da cualificación final; 2) o exame correspondente á proba mixta, en ambas as dúas oportunidades de avaliación, cualifícase sobre 5,5 puntos (o 55% da avaliación final).

Na convocatoria adiantada, e só neste caso, realizarase unha proba mixta encamiñada a avaliar todas as competencias e contidos propios da materia.

Os criterios de puntuación de cada unha das probas daranse a coñecer no momento da proba e subministraranse xunto co enunciado desta.

As probas non realizadas puntúan como cero. As realizadas en fraude supoñen a cualificación de cero puntos na avaliación final.

A cualificación de "non presentado" corresponde ao alumno que non participase en ningunha proba de avaliación ou o fixese NUNHA SOA das probas de resposta breve.

Os únicos utensilios cos que está permitido o acceso ao recinto da proba son os básicos para contestar ao exame: lapis, bolígrafo ou pluma, goma de borrar e calculadora electrónica non programable.

Está expresamente prohibido o acceso ao recinto do exame con: a) teléfonos móbiles e calquera outros dispositivos capaces de comunicación a distancia e/ou de almacenamento de información; b) apuntamentos, anotacións, libros ou material similar que non fose expresamente autorizado na convocatoria do exame ou na páxina web (Moodle) da materia. A non observancia desta norma supón o que se considere como realizada a proba en fraude e iso con independencia de que quen teña no recinto da proba tales dispositivos ou material sinalado os utilizase ou non no curso desta.

O alumno ha de acreditar a súa personalidade de acordo á normativa vixente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes