Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Principios de Macroeconomía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor explica na aula cada un dos temas do contido do programa. Utiliza o encerado e as tecnoloXias dispoñibles.
Os alumnos resolven cantas dúbidas se lle formulan. Ao final de cada sesión maxistral ábrese un tempo de aclaracións, comentarios, etc.

Recoméndase a bibliografía axeitada a cada tema.
Solución de problemas A medida que se vai avanzando no temario proponse a solución de casos na metodoloxía denominada solución de problemas.
Proba mixta O exame realizarase nas convocatorias oficiais de xuño e xullo. Puntuarase de 0 a 7 puntos, debendo obter o alumno neste exame polo menos 3 puntos para superar esta proba obxectiva. Esta proba poderá consistir nunha batería de test con resposta múltiple, sendo correcta unha soa das respostas. Tamén poderá incluír o exame temas de desenvolvemento do programa e/ou problemas. No caso dos test, os fallos restarán puntuación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes