Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Principios de Macroeconomía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor explica na aula cada un dos temas do contido do programa. Utiliza o encerado e as tecnoloxías dispoñibles.
Os alumnos resolven cantas dúbidas se lle presenten. Ao final de cada sesión maxistral ábrese un tempo de aclaracións, comentarios, etc.

Recoméndase a bibliografía axeitada a cada tema.
Solución de problemas Correspóndese coa avaliación continua do alumnado que poderá consistir nunha serie de probas (exame tipo test, solución de problemas, desenvolvemento de preguntas curtas, etc.). Na avaliación continua as preguntas incorrectas restarán puntuación
Proba mixta Realizarase únicamente un exame na segunda oportunidade (convocatoria de xullo) onde a peso será do 100% da nota final da materia. Esta proba poderá consistir nunha batería de test con resposta múltiple, sendo correcta unha soa das respostas. Tamén poderá incluír o exame temas de desenvolvemento do programa e/ou problemas. No caso dos test, os fallos restarán puntuación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes