Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Principios de Macroeconomía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A2 A4 A5 A7 A8 A9 B2 B1 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C3 C4 C5 C7 A asistencia á sesión maxistral poderá ser avaliada en función das intervencións nas mesmas que mostren o grao de coñecemento que o alumno vai adquirindo da materia explicada. A asistencia, pois, soamente contribuirá á nota obtida en función das respostas a cuestións que formule o profesor ou a comentarios que sobre a materia realice o alumno cando, a xuízo do profesor, mostren aquelas respostas e aqueles comentarios, un dominio axeitado dos contidos explicados. Neste apartado inclúense os exercicios sobre os contidos que se puidesen realizar ao longo do cuadrimestre. 15
Solución de problemas A3 A4 A10 B3 B4 C6 C8 A resolución dos casos formulados na aula e comentados en presenza dos demais alumnos, utilizando o encerado, o proxector, etc. Inclúense nesta apartado os traballos que, dirixidos polo profesor, fosen presentados e defendido polos alumnos na aula. A cualificación máxima que se pode outorgar ao alumno pola solución de problemas e polas actividades do apartado de sesión maxistral é de 3 puntos. Os exames que se realicen durante o cuadrimestre poderán conter tamén problemas. As cualificacións dos exames que se propoñan durante o cuadrimestre non terán carácter liberatorio da materia, senón que a puntuación obtida (máximo 3 puntos) se sumará ao exame final. 15
Proba mixta A1 A6 A11 A12 A13 O exame realizarase na convocatoria de xuño e na extraordinaria de xullo. A puntuación será entre 0 e 7 puntos. Para superar esta proba será necesario obter polo menos 3 puntos nesta. A materia será superada na oportunidade de xuño ou na de xullo se a suma das cualificacións de sesión maxistral, solución de problemas e proba obxectiva é de 5 ou máis puntos. O exame poderá constar dunha batería de test con respostas múltiples, sendo soamente unha correcta. Os fallos penalizaranse. O exame tamén poderá conter temas de desenvolvemento ou resolución de problemas prop 70
 
Observacións avaliación

Os alumnos que obteña a máxima cualificación poderán obter a cualificación de Matrícula de honra.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes