Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Estatística I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A4 A5 A7 A9 A10 A12 A13 C1 C3 C6 C7 C8 En combinación coa aprendizaxe colaborativa e baixo a tutela do profesor o alumnado realizará un ou varios traballos en grupo (en caso de ser máis de 1, como mínimo existirá 1 en grupo, pero algún dos demais podería ser individual), enfocados na aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
O profesor realizará o seguemento desta aprendizaxe de cara a valorar a adquisición dos coñecementos propostos para esta categoría.
15
Proba mixta A4 A5 Realizarase unha proba mixta, que se corresponderá co exame final. Esta proba considerarase fundamental na avaliación, polo que será necesario obter nela un mínimo do 40% da nota para computar as outras actividades que se avalían.

Como alternativa a esta proba mixta final e co obxectivo de motivar o traballo continuado e repartido do alumnado, o profesor propoñerá probas mixtas intermedias, organizadas ao longo do período docente. Superar o conxunto destas probas intermedias será equivalente a superar a proba final.
50
Obradoiro A9 A12 C6 C7 Nestas aulas o obxectivo principal será a realización de tarefas eminentemente prácticas, co apoio e supervisión do profesorado: proposición e resolución de aplicacións da teoría, proposición e supervisión de traballos dirixidos, problemas, exercicios, presentación, exposición, debate ou comentario de traballos, aclaración de dúbidas sobre teoría, etc.. Sen embargo tamén é posible que o profesor expoña algúns conceptos, exposición orientada principalmente a deixar clara a súa aplicación ou en todo caso como simple complemento das sesións maxistrais.
Dentro destas aulas realizaranse actividades de avaliación, xa sexa mediante exercicios individuais ou exercicios realizados en grupo.
35
 
Observacións avaliación

- A proba mixta considerarase fundamental na avaliación, polo que será necesario obter nela un mínimo do 40% da nota para computar coas outras actividades que se avalían.

- Estes criterios de avaliación corresponden tanto á primeira como a segunda oportunidade. Os mesmos criterios aplicaranse ao alumnado con dedicación parcial. De calquera xeito ao estudantado con dedicación parcial recoméndaselle que fale co coordenador da materia para informalo da súa situación.

- En caso de que haxa estudantes que opten pola convocatoria adiantada, o sistema de cualificacións será o mesmo. Neste caso as actividades do Obradoiro e Traballos tutelados deberán realizarse un mínimo de 21 días antes do exame de convocatoria adiantada.

- A orde que seguen os temas nesta guia docente pode ser modificado ao impartilo na aula, en función das necesidades docentes que poidan xurdir.

Algunhas observacións
xerais de avaliación, colocadas de maneira homoxénea co resto das guias docentes

- Cualificación
de non presentado
:
Corresponde ao estudante cando só participe de actividades de
avaliación que teñan una ponderación inferior ao 20% sobre a
cualificación final, con independencia da cualificación
conseguida.

- Segunda
oportunidade e convocatoria adiantada
: Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as
oportunidades de avaliación. Na convocatoria adiantada  as actividades do Obradoiro e Traballos tutelados deberán realizarse un
mínimo de 21 días antes do exame de convocatoria adiantada.

- Estudantes
con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia
: Recoméndaselle que fale co coordenador da materia para informalo da súa situación e ver de adaptar o sistema de avaliación (Obradoiro e traballo tutelados).

-Sobre
condicións de avaliación
:
Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo
que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de
información.

- Identificación
do estudante
: O estudante debe acreditar a súa personalidade de acordo coa
normativa vixente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes