Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Dereito da Empresa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A5 A9 A13 B3 C1 C3 Valorarase a asimilación de conceptos que poñan de manifesto o traballo realizado 30
Estudo de casos A3 A4 A5 A12 A13 B8 Valorarase o seguimento dos mesmos, a comprensión dos problemas plantexados e a adquisición dos coñecementos necesarios para a súa resolución

15
Lecturas A8 C4 C6 C8 Valorarase os conceptos asimilados 15
Proba obxectiva B2 B1 B4 B5 B6 C7 Valorarase a axeitada comprensión dos conceptos e institucións que comprenden a materia e mais a adquisición dos coñecementos necesarios para a súa resolución
40
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN

1. Condicións de avaliación: está prohibido acceder á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou o almacenamento de información.

2. Identificación do alumno: o alumno deberá acreditar a súa identidade segundo a normativa vixente.

3. Será necesario obter polo menos 5 puntos no exame final de contido teórico para seguir sumando as puntuacións da avaliación continua.

B) TIPOS DE VALORACIÓN

1. Valoración de non presentado: o estudante que realice actividades que, no seu conxunto, representan unha porcentaxe igual ou inferior ao 20% da nota final será considerado "Non-presentado".

2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: acordarase un sistema de avaliación continua adecuado ás súas circunstancias.

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN

1. Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación indicados anteriormente nesta sección.

2. Segunda oportunidade: os criterios son os mesmos que na primeira, é dicir, mantense a nota para a avaliación continua, permitindose recuperar prácticas non realizadas.

3. Convocatoria anticipada: o alumno deberá realizar os traballos, prácticas e o exame que non aprobou nas oportunidades anteriores.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes