Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Economía da Empresa: Dirección e Organización
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 A11 B4 Profundidade da análise dos contidos impartidos na aula. 10
Análise de fontes documentais A5 A6 A7 C4 C7 Uso das fontes documentais adecuadas en relación á materia 10
Proba de resposta múltiple A1 A3 A4 C1 exame tipo test
será necesario alcanzar no exame al menos un 4 sobre 10 para considerar a valoración do resto de metodoloxías de aprendizaxe.
60
Traballos tutelados A5 A7 A8 A9 A10 A12 A13 Traballos tutelados realizados en grupo. 20
 
Observacións avaliación
Considérase que un alumno está dentro da avaliación continua e, polo tanto, se lle aplicará
o esquema de avaliación anterior, se realizou máis dun 20% dos traballos e
casos prácticos encargados. Polo tanto, este alumno se non alcanza o cinco,
estará "suspenso" nas actas da materia aínda que non se presente ao
exame. Este sistema de avaliación mantense tanto para a primeira oportunidade
coma para xullo e para a convocatoria adiantada de decembro.
Tanto o estudo de casos, análise de fontes documentais e os traballos tutelados realízanse ao
longo do curso e non é posible a súa realización fóra do período lectivo dado
que se realizan dentro da aula. Tanto aos alumnos a tempo parcial como a tempo
completo se lles aplicará o mesmo sistema de avaliación. Para o cálculo da nota
media final, será preciso obter unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 puntos no
exame (non se calculará a nota media dos alumnos que obteñan unha nota menor
que esta no exame). Para superar a materia, a nota media ponderada final deberá
ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
Recórdase que está prohibido acceder ao exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información. Así mesmo, recórdase que calquera alumno
sorprendido realizando o exame mediante calquera procedemento fraudulento se
lle asignará unha nota de cero no exame.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes