Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Economía da Empresa: Dirección e Organización
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A3 A4 A8 A10 A12 B1 Exame tipo test
70
Traballos tutelados A3 A5 A8 A9 A10 A12 A13 B5 B9 C1 A partires da elección duhna empresa real realizarase unha análise de distintos aspectos relacionados co seu goberno corporativo e organización interna.
O traballo, ademais de entregarse por escrito, presentarase oralmente na clase cara ao final do período do curso, segundo o calendario fixado polo profesor.
30
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:  

 1. Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou o almacenamento de información.  

 2. Identificación do estudante: O estudante deberá acreditar a súa personalidade segundo a normativa vixente.  

 B) TIPOS DE CALIFICACION:  

 1. Calificación de non presentado: Corresponde ao alumno/a, cando só participa en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, independentemente da cualificación acadada.

 2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e despensa académica de exención de asistencia:A evaluación realizarase sobre os mesmos contidos e criterios de avaliación que os estudantes con dedicación a tempo completo. O principio do curso estes estudantes dirixiránse ó profesorado para fixar un calendario de actuacións específico acorde coa súa situación particular para deste xeito posibilitar a realización das distintas actividades de avaliación do curso. 

 C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:  

 1. Primeira oportunidade: A avaliación correspondente a primeira oportunidade será totalmente continua en base a unha proba de resposta múltiple (60%) e a presentación oral dos traballos que compoñen o resto da avaliación da asignatura (40%). No caso da proba de resposta múltiple, a data de realización será a fixada no calendario oficial para a primeira oportunidade. A presentación oral realizarase durante o período lectivo do curso, de acordo co calendario fixado polo profesor para cada grupo. Para superar a asignatura haberá que acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 no cómputo global da avaliación, pero ademáis é condición sine qua non acadar 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple. De non acadarse este mínimo na proba de resposta múltiple, a asignatura estará suspensa, e a nota será a do exame.    

 2. Segunda oportunidade: No que atinxe a 2ª oportunidade de xullo, as notas da presentación oral serán tidas en conta. Ademáis, sempre e cando sexa posible, poderá recuperarse a realización das probas de presentación oral no caso de aqueles estudantes que non a realizasen. Para isto, o alumno dirixirase ó profesor coa suficiente antelación para indicarlle o seu desexo de realizar o traballo, o cal deberá ser entregado e presentado antes da data do exame oficial da segunda oportunidade; de non ser posible por temas de datas, ou compromisos do profesor, a avaliación só se fará a partires da proba de resposta múltiple, mantendo a ponderación do 60%. Para aprobar necesitarase acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 no cómputo global, pero ademáis é condición sine qua non acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple. De non acadarse este mínimo na proba de resposta múltiple, a asignatura estará suspensa, e a nota será a obtida en dita proba.    

 3. Convocatoria adiantada: Os alumnos que se presenten a convocatoria adiantada, a avaliación só se fará a partires dunha proba de resposta múltiple e para aprobar necesitarase acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10.

D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN:  


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes