Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Matemáticas I
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Matemáticas I Código 611G01009
Titulación
Grao en Economía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Rey Miguez, Fernando
Correo electrónico
fernando.rey.miguez@udc.es
Profesorado
Rey Miguez, Fernando
Correo electrónico
fernando.rey.miguez@udc.es
Web http://moebius.udc.es, moodle.udc.es
Descrición xeral O obxectivo de esta materia é a introdución do estudantado nos fundamentos do cálculo diferencial e integral dunha variábel e a álxebra linear que serán precisos para a aprendizaxe do resto de materias do grao e para o seu futuro profesional. O/A estudante deberá comprender os conceptos básicos presentados e os resultados que os relacionan e aplicar de xeito correcto e con rigor estes coñecementos para a resolución práctica de problemas. Farase unha énfase especial na aplicación dos contidos do curso a problemas de contido económico e á interpretación dos resultados obtidos. Ademais, preténdese axudar ao estudantado a desenvolver competencias xenéricas como a capacidade de análise e síntese, capacidade de razoamento lóxico, capacidade de resolución de problemas, espírito crítico, aprendizaxe autónomo, ou a habilidade para pescudar e utilizar información derivada de diferentes fontes. Tamén tentarase familiarizar ao estudantado no manexo de ferramentas informáticas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas as non presenciais (seminarios, lecturas) *Metodoloxías docentes que se modifican Aulas: as sesións na aula e as probas de avaliación pasarán a realizarse mediante medios telemáticos. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado As titorías serán realizadas por Teams. 4. Modificacións na avaliación A proba mixta pode conter unha parte tipo test (proba de elección múltiple) Durante as probas, os estudantes non poderán manter contacto con outras persoas e poderáselles solicitar que activen a súa cámara (ou a do seu móbil) e identifícanse por ID ou equivalente. *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes