Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Matemáticas II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A1 A3 A4 A8 A9 A12 B2 B1 B3 B4 B5 B7 B9 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 Haberá unha proba práctica de solución de problemas na data oficial, que suporá o 30% da cualificación final. Nesta proba valorarase: a comprensión e asimilación dos conceptos, a utilización de razoamentos axeitados, o bo uso da linguaxe matemática e a destreza na formulación e resolución dos problemas. 30
Proba mixta A1 A3 A4 A13 B5 B7 B8 C4 C5 C6 C7 Haberá dous boletíns de problemas a entregar en datas determinadas, e cada un deles supoñerá un 20% da cualificación final. Nesta proba valorarase: a comprensión e asimilación dos conceptos, a utilización de razoamentos idóneos, o bo uso da linguaxe matemática e a destreza na formulación e resolución dos problemas.
40
Proba de resposta múltiple A3 A4 A7 A9 A12 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B8 C3 C4 C6 C7 C8 Haberá unha proba de resposta múltiple (tipo test) que suporá un 30% da cualificación final. 30
 
Observacións avaliación

As condicións de evaluación da 1ª e a 2ª oportunidade son as mesmas e detállanse a continuación:

  • Proba práctica: na data oficial de exame final da materia cun peso do 30%,
  • Boletíns de problemas: 2 boletíns de problemas a entregar nunha data determinada, cada un cun peso do 20%,
  • Exame tipo test: cun peso do 30%.

Na 2ª oportunidade poderanse recuperar tanto os boletíns de problemas como a proba tipo test, previa solicitude, en datas convenidas. De non solicitar repetir algunha destas probas, manteríase a cualificación obtida na 1ª oportunidade. De solicitar repetir algunha destas probas, a nova cualificación será a obtida na 2ª oportunidade. A cualificación de proba práctica obtida na 1ª oportunidade non se mantén para a 2ª.

A revisión das probas de avaliación pode ter lugar a iniciativa do estudante ou de oficio polo profesor. De ser a iniciativa do profesor, de forma aleatoria ou por elección directa, a revisión consistirá nunha exposición e defensa das probas ou entregas realizadas. En ningún caso esta revisión consistirá nunha proba adicional de contidos ou competencias. No caso de que estudante non poda defender axeitadamente a realización das probas ou entregas, a cualificación final obtida sería de suspenso.

Os mesmos criterios aplicaranse aos alumnos con dedicación parcial.

Será cualificado con NON PRESENTADO o estudante que só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da cualificación obtida. Na 2ª oportunidade entenderáse que se cumple esta condición si o estudante non solicita repetir ningunha proba e non realiza a proba práctica.

Convocatoria adiantada de decembro: A cualificación final do estudante que solicite a convocatoria adiantada de decembro será a obtida na proba obxectiva presencial valorada sobre 10 puntos.

Condicións de realización das exames presenciais: Durante a realización dos exames non se poderá ter acceso a ningún dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información nin empregar ningún software/aplicación que non teñan sido permitidos de forma expresa. Poderá denegarse a entrada á aula do exame con este tipo de dispositivos. Os alumnos deberán identificarse mediante DNI ou equivalente para a realización das probas de avaliación.

Plataforma virtual: Utilizaráse o Campus Virtual da UDC (http://campusvirtual.udc.gal).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes